27 ene 2010

Entreno CKSG, 31 Xaneiro, Pantín

Como xa anunciamos anteriormente o próximo domingo 31 de Xaneiro faremos o primeiro entreno do CKSG, terá lugar en Pantín e a hora de comenzo será as 11:00.

Despois da sesión comeremos en un local próximo a praia, os que queirades asistir a comida contactade con Jorge, antes do sábado día 30, no número 619886942.

Praia de Pantín


Visualizar o mapa ampliado


21 ene 2010

Club Kayaksurf Galicia

A partir de agora xa está aberta a inscripción para que todos aqueles interesados en formar parte do "Club Kayaksurf Galicia" poidan facelo.

A cuota de inscripción será de 60,00 € anuais, que inclúe a tramitación por parte do clube da ficha federativa, con seguro de accidente con asistencia médica.

Só tedes que contactar co clube a través da conta de correo clubkayaksurfgalicia@kayaksurfgalicia.com informando do voso interese por integrarse no clube e nós iniciaremos o trámite, para o cal deberedes aportar os vosos datos persoais e ingresar o importe da cuota de inscripción según o procedemento que indicaremos en ese momento.

En breve publicaremos o calendario previsto para o 2.010. Mentres tanto recordade que xa temos un encontro programado para o domingo 31 de Xaneiro en Pantín.

Toda noticia ou anuncio relacionado co clube farase público en este blog e na web de Manuel Andrade
www.kayaksurfgalicia.com


¡¡¡ Xa está publicado nas NEWS de www.kayaksurf.net a creación do CKSG !!!



19 ene 2010

"Habemus clube"

No ano 2.009 comenzamos a falar de proxectos que non poderíamos acometer sen agruparnos tomando a forma de clube deportivo.

Superadas as primeiras dúbidas e despois de barallar a posibilidade de integrarnos nalgún clube de piragüismo xa existente, finalmente decidímonos pola que nos parece a mellor opción posible, crear o noso propio clube de kayaksurf.

Así naceu o "Club Kayaksurf Galicia", que é o primeiro clube deportivo dedicado exclusivamente ao kayaksurf e integrado na Federación Galega de Piragüismo.

Benvida do Presidente, Javi Díaz:
"El Club Kayaksurf Galicia empieza su aventura.
Animado por el gran éxito que está teniendo este deporte en nuestra comunidad se crea el primer Club especializado en esta modalidad. Con ánimo de organizar viajes, preparar pruebas y fomentar un uso seguro y responsable del KS nos ponemos en marcha.
Para celebrarlo os invitamos al primer "2010 KS training" el próximo domingo 31 en la playa de Pantín.
Esperamos volver a ver en acción a Joaquín Rivas a José Piñeiro y a todo ese grupo de amigos que ayudó a que la prueba de Baldaio fuera un éxito.
Tenemos alguna sorpresa preparada así que no podeis faltar."

Estos son os pais da criatura: Manuel Andrade, Javi Díaz e Jose Piñeiro.


Todas as noticias relacionadas co clube serán publicadas en este blog e tamén na web de Manuel Andrade http://www.kayaksurfgalicia.com/

Podedes contactar co clube a través do correo: clubkayaksurfgalicia@kayaksurfgalicia.com

14 ene 2010

Waveski "camera on board"

O amigo Juan Teijeiro GUAN envioume un vídeo de waveski que ten a particulariedade de que foi gravado con "cámara a bordo".
O feito de ter unha visión subxectiva da acción pode facer que perdamos campo de visión e profundidade da imaxe, pero tamén fai que gañemos moito en sensación de movemento e de realismo, por eso cando vemos vídeos de este tipo parece como se estivésemos alí mesmo.


In fire from BARBAKANA on Vimeo.

Gracias GUAN, e parabéns a BARBAKANA.


12 ene 2010

1/2 metriño

O segundo baño do ano non deu para moito, 1/2 metro e vento de compoñente este, que axuda máis ben pouco, ademáis a temperatura ambiente de 4°C non animaba a mollarse.

Manuel e máis eu vestímonos con rapidez e baixamos a praia, Rubén preferíu quedar en terra pasando frío mentres gravaba este video:



Rubén Añón

24 Festival Kayaksurf Santa Cruz, CA

Xa están en marcha os preparativos do 24 Festival de Kayaksurf de Santa Cruz ( SCKSF ), California, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de Marzo de 2.010 na mítica Steamer Lane.



Steamer Lane

O alma mater do evento é Dennis Judson, un dos grandes nomes do kayaksurf, recentemente entrevistado por Luis Pedro Abreu no Kayaksurf.net:
http://www.kayaksurf.net/DennisJudson.html

Dennis Judson

Os mellores kayaksurfers do momento non deixan pasar a oprotunidade de competir en Santa Cruz, pois soamente no SCKSF e nun Campeonato do Mundo é posible encontrar reunidos a todos os mellores da actualidade e de anos anteriores.

Son habituais do SCKSF nomes como Chris Harvey ( campión das tres últimas edicións ), Dave Speller ( actual Campión do Mundo ), Darren Bason ( Campión do Mundo 2.005 ), Rusty Sage ( Campión do Mundo 2.007 ), Dave Johnston, Sean Morley, Jim Grossman ... etc, etc.

Estas son algunhas das mellores fotos do SCKSF 2.009 ( Foto Stormick ) :

Jim Grossman

Chris Harvey
Dave Johnston

Darren Bason

Rusty Sage






Video promocional da edición 2.010


En definitiva, un evento que ninguén quixera perderse ... pero lástima ... creo que este ano non podo ir ....... ou quizais sí :)

3 ene 2010

Primeiro baño do 2.010

Xa disfrutamos en Razo do primeiro baño do ano 2.010.
Esta vez acompañounos Rubén para meterse por primeira vez en un kayak. Como sempre ocurre en estos casos levou un primeiro susto ao descubrir como se ve o mundo estando sumerxido cabeza abaixo e con medio corpo metido dentro de un obxeto do que non é doado sair se non sabes ben cómo facelo.
Rubén definíu moi ben ese momento con unha frase curta pero moi clara: ¡¡¡ Sacádeme de aquí !!!
Despois de ese apretón inicial perdeu o medo e empezou a moverse el só nas ondas pequenas. A súa primeira experiencia kayakeira gustóulle e promete volver.

Mentres tanto Manuel e máis eu disfrutamos de unha boa sesión, toda a praia para nós, mar calma, ondas que non pasaban de un metro, vento nulo e soliño soliño.

Despois de unha hora e media, Rubén deu por rematado o seu bautizo e colleu a cámara para facer estas fotos:

Manuel



Jose


A dúo


Ista é a sesión completa: