27 may 2012

III Open Kayaksurf - Waveski Razo 2012 - Resultados

Rematou a terceira edición do Open Razo con unha asistencia de participantes un tanto escasa pero suficiente para celebrar a proba.


O sábado presentouse con un mar moi baixo, con algunha racha de vento forte e algún pequeno chuvasco. Disputáronse as series de HP, IC e Waveski e os participantes fixeron todo o que se podía facer con tan pouco mar, pero en poucos minutos todo cambiou e xusto no momento de disputarse a final de HP comenzou a bombear e chegaron as ondas que estivemos esperando todo o día.

Despois a sesión de free-surf foi boísima e disfrutamos de un par de horas de luxo. Algo que se repetíu esta mañán con outra sesión de tres horas con perfectas ondas de 1 m.

El Presi

O rapaces do Quixós e o mastín de Ñeques

Resultados:
Kayaksurf HP
1º José Piñeiro
2º Joaquín Rivas
3º Daniel Pérez
4º Manuel Andrade


Kayaksurf IC
1º Juan Teijeiro
2º Iván Pena


Waveski
1º Daniel Pérez
2º Jaoquín Rivas
3º Iván Pena



Algúns dos mellores momentos da proba, con fotos de Alex Moure:

Daniel Pérez


Manuel Andrade


Juan Teijeiro

Luis Veira

Iván Pena

Joaquín Rivas


Jose Piñeiro

11 may 2012

Kayaksurf Session 2012 - Figueira da Foz

Unha nova edición da Kayaksurf Session de Figueira da Foz xa está ahí, organizada por Kayaksurf.net e Figueira Kayak Clube, será o próximo 2 de Xuño na praia da Tamargueira.



Xusto unha semana despois do III Open Kayaksurf e Waveski de Razo que será os días 26 e 27 de Maio, toca outra viaxe a Portugal, será a segunda das catro previstas para a temporada 2012.

8 may 2012

III Open KS e WS Razo 2012 - Colaboracións

Por segundo ano consecutivo contamos coa colaboración de Teirón e Art Surf Camp para o III Open de Kayaksurf e Waveski Razo 2012




7 may 2012

I Etapa CNKW Peniche 2012

A primeira etapa do CNKW, e tamén da Copa Ibérica de Kayaksurf e Waveski, disputouse o pasado fin de semana en Peniche. A proba trasncurríu con unhas condicións de mar moi pobres, o sábado en Baleal con mar moi pequeno e desordenado e o domingo en Almagreira con un pouquiño máis de mar e algo máis ordenado.


O importante foi que de novo disfrutamos de un finde na praia rodeados de kayaks e waves, con sol e moita xente que volveu a responder en gran número con un total de 43 participantes.

Como sempre hai que repetir os parabéns aos portugueses polo ben que saben facer estas cousas, a organización da proba foi perfecta, incluso con envio cada día a primeira hora da mañán de un sms aos participantes para anunciar a praia e hora de inicio da proba, e ademáis con emisión en directo de toda a proba a través de www.ustream.tv.


Desde Galicia viaxamos Iván Pena (Club Xuvenil As Pontes), Daniel Pérez e Javier Díaz ( Club Kayaksurf Galicia) e Jose Piñeiro (Club Razo Kayaksurf).

Daniel e Iván

Para Daniel e para mín a nota máis baixa do grupo, ningún dos dous conseguimos pasar da primeira ronda, polo que o domingo tivemos sesión de free surf, que eu aproveitei para probar o Fly de W e despois o Bullit.

Iván puntuou segundo na súa manga, pero tivo a mala sorte de sufrir unha rotura fibrilar que lle fixo pasar polo servicio médico e non pudo seguir en competición.

Javier foi o que mellor supo aproveitar as condicións que o mar nos daba e conseguíu chegar as semifinais de HP e tamén entrou na final de Waveski onde finalmente quedou en terceira posición.

Todos os resultados:


2 may 2012

III Open Kayaksurf, Waveski e Sit on Top - Razo 2012

Con esta xa será a terceira edición da proba Open Kayaksurf de Razo, será os días 26 e 27 de Maio.
Como en anos anteriores esperamos a asistencia de todos aqueles amantes de este deporte que queiran compartir un bo fin de semana de surf.


As inscripcións pódense facer no enlace habilitado na web Razo Kayaksurf 
Cuota de 30,00 € a abonar o sábado na confirmación de inscripcións.

O sábado disputaranse as clasificacións e ao remate destas sesión de free surf , despois cea no Bar Cordobés. O domingo teremos as semifinais e finais.

Praia de Razo

                         Como chegar: