10 dic 2013

Pantín Surfkayaking World Championships 2015

BREAKING NEWS !!! ... NOTICIÓN !!!
A Asociación Mundial de Kayaksurf acaba de confirmar que o próximo Mundial de Kayaksurf 2015 será en Pantín !!!



A WSKA non pasou por alto o excelente traballo de Iván Pena e Daniel Pérez ao frente da organización nas dúas primeiras edicións do Xtreme Pantín, e despois de descartar outras candidaturas finalmente decidíu que sexa Pantín a sede do Mundial 2015.

Gran noticia para o kayaksurf galego, podremos disfrutar ao lado da casa dun evento de luxo, os mellores do mundo virán a Pantín e teremos a oportunidade de surfear e aprender con eles durante toda unha semana.

A oportunidade é única e por diante temos casi dous anos para poñernos as pilas ... Al tomate !!.

https://www.facebook.com/worldsurfkayakassociation


No hay comentarios:

Publicar un comentario