Despois das catro probas disputadas (Peniche e Santa Cruz Ocean Spirit en Portugal, Xtreme Pantín e Ice Waves Bastiaguerio en Galicia) xa temos os nomes dos vencedores en cada categoría.
Nesta segunda edición da Copa Ibérica ningún dos anteriores campións conseguíu revalidar o título, e a competencia foi moito máis forte que no ano anterior debido sobre todo a participación do equipo de Euskadi, actuais campións do mundo.
A representación galega obtivo bos resultados con dúas victorias parciais, Dani Pérez en Peniche e eu en Santa Cruz, e nas clasificacións finais Iván Pena termina 4º en Kayaksurf IC e repite o resultado de 2012, Dani Peréz remonta de 3º a 1º en Waveski, tamén en Waveski clasifica 3º Javier Blanco, e eu mantéñome no podium baixando de 2º a 3º en kayaksurf HP e consigo a mellor clasificación en Master.
Consultar máis info en Kayaksurf.net
A ver si en 2014 conseguimos manter o nivel.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario