17 feb 2014

O Pedrido "again"

O mar segue un pouco desfasado, aínda que nada que ver cos maretóns das últimas semáns.
Este finde as previsións rondaban os 4 m, parece que a cousa vaise calmando pero aínda peta demasiado.

Razo o sábado seguía igual, imposible. Así que o domingo decidimos volver ao Pedrido, con 4 m de noroeste e vento de suroeste parecía que podía estar ben.

E non estuvo mal, entraba medio metriño, en algunhas series pode que algo máis, e ademáis disfrutamos de algúns raios de sol, que xa non sabíamos o que era.

Fotos de Dani


Qué sorte de ter ahí cerca un spot como O Pedrido, que nos está salvando de sufrir un par de meses no dique seco.

5 feb 2014

Neptuno está moi cabreado

Van cerca de dous meses desde que Neptuno se puxo de mala ostia e a cousa non ten trazas de mellorar, desde primeiros de Decembro de 2013 o mar non deixa de botarse por fóra.

Unha tras outra xa levamos cinco alertas vermellas, a de hoxe con ondas de entre 8 e 10 m.


Durante os últimos dous meses só un día foi posible meternos en Razo, e non foi unha sesión fácil.
Esta sucesión de temporais no mar obrigóunos a buscar unha alternativa a Razo, e dado o grao de virulencia destes temporais a única ou unha das poucas opcións válidas era ir a zona do Pedrido, na ría de Betanzos.

En total levamos cinco viaxes ao Pedrido, e si as catro primeiras sesións foron boas, aceptables, e incluso unha delas moi boa, este pasado finde atopámonos con algo que non sospeitabamos que podía pasar alí.
Oleaxe moi potente con ondas de 2 e hasta 3 m e bombeo contínuo. Situámonos no extremo esquerdo do pico, nin intentamos buscar a zona máis potente da onda.
Todo esto nunha zona moi protexida da ría, a unhas 6,5 millas (12 km) da bocana da mesma.


A saída a terra tampouco foi do mellor. O areal polo que entramos na ría estaba cuberto pola marea, as ondas chegaban a bater contra o talude do terreo e non era boa idea intentar sair por alí. Así que tivemos que facer unha remada extra de 1 km máis cara ao interior da ría, xusto hasta debaixo da ponte do Pedrido, para atopar un lugar no que desembarcar sen problemas, isto obrigóunos a facer un paseo a pé por estrada hasta onde tiñamos os coches estacionados e voltar logo a recoller os barcos.


Esto pode dar unha idea de como está de cabreado o noso amigo Neptuno, ... a ver si lle pasa pronto.