29 nov 2014

Mundial Pantín 2015

Desde hoxe faltan xusto sete meses para o inicio do Mundial de Kayaksurf 2015 en Pantín.
Durante unha semana la crème de la crème estará en Pantín para goce e disfrute de todos nós, hai que aproveitar a ocasión porque non sempre cae un mundial ao lado da casa, os dous anteriores foron en EE.UU. e Australia, e o seguinte me temo que non vai estar a tiro de furgo.


A organización xa está traballando para facer unha gran proba e sabemos que por ahí fóra a xente ten moitas ganas de vir a Pantín.
Temos por diante todo o inverno para prepararnos e intentar facelo ben en Pantín, o nivel non chega para aspirar a ganar nada pero si que podemos ter opcións para superar algunhas rondas, ... ou igual non, se verá.

Xabi Olano - Xtreme Pantín 2013

27 nov 2014

Kayak Surf World Cup 2014

Despois das catro probas disputadas (USA, Inglaterra, Euskadi e Portugal) estes son os vencedores da Copa do Mundo 2014:

Open HP: Tim Thomas
Open IC: Edu Etxeberría
Women HP: Teresa Carranza
Women IC: Teresa Carranza
Junior HP: Odei Etxeberría
Junior IC: Gorka Martín
Master HP: Marc Woolward
Master IC: Dave Merrifield
Equipos: Euskadi

Unha vez máis claro dominio dos vascos que gañan 6 de 9 posibles.


Ver clasificacións completas a AQUÍ


10 nov 2014

Véndese Mega Phantom

Véndese kayaksurf Mega Phantom.


Dimensións 236 x 66 cm.
Peso 8-9 kg.
Recomendado hasta 95 kg.
Construcción Christech, cuberta totalmente en carbono, casco en carbono+kevlar e foam core prensado ao vacío.
Kayak de máxima calidade e con moi poucas horas de uso.
Precio 1.100´00 € negociables (novo ronda os 2.000´00 €)

Contacto: Pablo Periscal
                Tlf.: 0034 619309038
                e-mail: peibol231@hotmail.com





6 nov 2014

Ranking Copa Ibérica 2014

Un mes despois da última proba, que non sei por qué tardan tanto, sairon por fin as clasificacións finais da Copa Ibérica 2014.

Claro dominio dos riders vascos e cada vez maior presencia dos galegos nos postos altos do ranking, polo contrario obsérvase un retroceso dos portugueses que non conseguiron colocar a ninguén no podium final.



No que toca ao Club Razo Kayaksurf estamos ahí Juan Teijeiro situado 4º en IC, e eu repito como Best Master HP aínda que caigo do podium final en Open.

Consultar as clasificacións completas en Kayaksurf.net